Secretaría Uvigo - Visualización e control dunha rede IoT de sensores con Arduino

Visualización e control dunha rede IoT de sensores con Arduino

Data de defensa23/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Soto Campos
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: José Luís Camaño Portela
ResumoEste traballo baséase nun proxecto de enxeñaría industrial que busca controlar unha rede sen fíos de sensores a través da comunicación Wifi, empregando unha unidade de control baseada nun módulo Arduino 101 industrial. Empregarase un sistema de dispositivos enlazados coñecido como internet das cousas (en inglés, IoT), sistema que se caracteriza pola transmisión de datos nunha rede sen necesidade de interacción humana na que os datos se transmiten, como o seu nome indica, a través de internet. Esta solución sostén aplicacións para o control e almacenamento de parámetros dunha rede de sensores, onde a rede non soporte unha rede con fíos. Ó emprego dunha rede sen fíos ten como obxectivo unha maior flexibilidade para aumentar ou reducir a rede ademais de un costo menor no proxecto. A rede fundaméntase na conexión vía Wifi, empregando unha interface do PC central que permite representar a información de todos os sensores de forma gráfica en tempo real con un intervalo de actualización variable, elixible polo usuario, ademais de almacenar todos os valores nunha base de datos na nube. Para a base de datos utilizarase a plataforma mySQL.
Volver