Secretaría Uvigo - Determinación de parámetros de funcionamento e control dunha UTA e deseño dun sistema de adquisición de datos

Determinación de parámetros de funcionamento e control dunha UTA e deseño dun sistema de adquisición de datos

Data de defensa14/04/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Antón Cacabelos Reyes
Cotitoría: Pablo Falcón Oubiña
Tribunal Presidencia: Andrés Suárez García
Secretaría: María del Rocío Maceiras Castro
Vogalía: Jesús del Val García
ResumoAs instalacións de climatización e ventilación dun edificio son fundamentais para a saúde e confort dos seus usuarios, o que se pode definir como a calidade ambiental que engloba o confort térmico e a calidade do aire. O presente traballo estuda detalladamente as instalacións de ventilación e climatización do edificio do Centro Universitario da Defensa dentro da Escola Naval Militar en Marín, Pontevedra, para determinar os parámetros de funcionamento e control da unidade de tratamento de aire.
Tras a determinación dos devanditos parámetros procédese á medición dos mesmos, Cos resultados obtidos para posteriormente realízase unha análise dos mesmos, comparándoos cos requisitos mínimos establecidos polo Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios e polo Código Técnico da Edificación.
Finalmente, conclúese cun deseño para o seu posible futura instalación dun sistema de adquisición de datos capaz de rexistrar e monitorar os caudais, temperaturas, humidades, presións e consumos do edificio en cuestión.

Palabras clave: UTA, renovación, ventilación, climatización, sensores, parámetros
Volver