Secretaría Uvigo - Sistema localizador GPS: análise e implementación

Sistema localizador GPS: análise e implementación

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Alicia Vázquez Carpentier
Tribunal Vogalía: Alfonso Rodríguez Molares
Presidencia: Paula Gómez Pérez
Secretaría: Miguel Rodelgo Lacruz
ResumoExisten no mercado dispositivos que permiten xeolocalizar tanto a seres vivos (persoas ou animais) como obxectos (mercadorías, medios de transporte...). Nun ámbito militar a xeolocalización de tropas ou individuos é de importancia tanto en misións reais como de adestramento. Os dispositivos de localización máis habituais a nivel de usuario adoitan implicar un gasto periódico a maiores do gasto inicial da adquisición do dispositivo. Isto pode liquidarse cun deseño baseado en tecnoloxía aberta ao mercado e que non dependa de tarxetas SIM para o envío de sinais.
Neste traballo estudaranse múltiples posibilidades nas que basear un deseño dun dispositivo de xeolocalización barato, cun alcance medio, sen esixencia de pagos posteriores, e que permita incluír un sistema de visualización directa sobre un mapa da localización ou itinerario seguido durante unha actividade.
Implementarase o deseño e faranse estudos preliminares sobre o seu funcionamento en varios tipos de terreo: rural, urbano, costeiro.
Volver