Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dunha plataforma para a simulación, análise e xestión de mensaxes de incidencias asociados a escenarios CBRN virtuais.

Desenvolvemento dunha plataforma para a simulación, análise e xestión de mensaxes de incidencias asociados a escenarios CBRN virtuais.

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: José Antonio González Prieto
Tribunal Vogalía: Alfonso Rodríguez Molares
Presidencia: Paula Gómez Pérez
Secretaría: Miguel Rodelgo Lacruz
ResumoA chegada de tecnoloxías cada vez máis avanzadas e o seu elevado custo de adquisición e mantemento, levaron ás Forzas Armadas á procura de novas solucións relacionadas coa instrución e adestramento do seu persoal, principalmente mediante o uso de ferramentas de simulación e interfaces de usuario avanzadas. Entre estas necesidades atópanse os sistemas de adestramento para situacións de alerta CBRN, que son o obxectivo principal deste traballo.
Desta forma, implementouse o código necesario que, tomando datos de escenarios simulados nunha ferramenta software, automatize/automatice a redacción de mensaxes de informe CBRN conforme ao formato reflectido na doutrina NATO STANDARD ATP-45. A redacción, lectura, transmisión e xestión das mensaxes construíuse empregando a linguaxe Python, utilizando como referencia a estrutura do formato previamente indicado. A arquitectura relativa ás comunicacións do sistemas concibiuse mediante servidor-cliente, onde se empregou o protocolo MQTT para a transmisión segura e rápida de mensaxes. Isto permitirá a adición de novos elementos nos escenarios (sensores, fontes, ...), ou usuarios que participan nunha simulación, empregando un estándar amplamente utilizado. Desta forma facilítase que, no futuro, sexa posible cumprir o obxectivo de crear simulacións que integren as propiedades específicas na transmisión de mensaxes relacionadas das redes de mando coas que contan as Unidades despregadas.
Desta maneira, conseguiuse dar un primeiro paso cara á creación dunha liña de desenvolvemento de gran interese para a Armada, creando software á medida das nosas técnicas, tácticas e procedementos, que sirva para a consecución do maior grao de adestramento das Unidades da Frota.

CBRN, NBQ, MQTT, Python, Qt, Informe.
Volver