Secretaría Uvigo - Aplicación dunha rede de sensores inalámbricos distribuídos de baixo custo para estimar o posicionamento de obxectos en 3 dimensións mediante o uso de sinais de Ultrasón

Aplicación dunha rede de sensores inalámbricos distribuídos de baixo custo para estimar o posicionamento de obxectos en 3 dimensións mediante o uso de sinais de Ultrasón

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: José Antonio González Prieto
Cotitoría: José Pablo González Coma
Tribunal Presidencia: Carlos Casqueiro Placer
Vogalía: Alicia Vázquez Carpentier
Secretaría: Pablo Falcón Oubiña
ResumoO desenvolvemento de sistemas de posicionamento e a dixitalización de experimentos constitúen unha das ferramentas clave que permite o seguimento en tempo real, e ademais dota da capacidade de realizar análise dos datos que fosen almacenados.
Desta forma o obxectivo principal do TFG é a creación dunha maqueta que permita realizar a análise das diferentes opcións, que permiten calcular o posicionamento relativo dunha serie de sensores distribuídos de baixo custo, e empregar esta información con múltiples receptores para estimar a posición e orientación en 3D dun obxecto con respecto a unhas bases emisoras de pulsos de ultrasóns.
É importante destacar que o proceso de cálculo de tempo de voo require do uso de sincronización temporal, a cal se realizou empregando sinais de radiofrecuencia, medindo a diferenza de chegada entre ambos os sinais para poder calcular a distancia á que se sitúa o emisor do pulso.
Finalmente, aplícase un filtro de Kalman para obter unha estimación do ángulo de roll dun obxecto apartide a información xerada por dous receptores instalados sobre un obxecto, e compáranse os resultados cos obtidos mediante sensores inerciales ( IMU).
Volver