Secretaría Uvigo - Emprego de RPAS en apoio a operacións de Infanteria de Mariña

Emprego de RPAS en apoio a operacións de Infanteria de Mariña

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Iván Puente Luna
Tribunal Vogalía: Alicia Vázquez Carpentier
Presidencia: Carlos Casqueiro Placer
Secretaría: Pablo Falcón Oubiña
ResumoDesde hai uns anos, o emprego de vehículos aéreos non tripulados incrementouse exponencialmente. Concibidos nun principio para uso exclusivo en operacións militares, son cada vez máis numerosas as súas aplicacións no ámbito civil. Isto propiciou a necesidade de crear unha lexislación específica aplicable en ambos os casos e que afecta de maneira moi diversa ás operacións e exercicios.

Co presente Traballo de Fin de Grao perséguese estudar a lexislación vixente e as diferentes plataformas, sensores e aplicacións actuais nas que as Forzas Armadas en xeral, e a Infantería de Mariña en particular, utilizan estas aeronaves. Ademais, exponse outros usos que poderían ser de interese para o Ministerio de Defensa, facendo especial fincapé na incorporación de sensores LiDAR topo- batimétrico que servirán de apoio a labores de recoñecemento e elaboración de cartografía en detalle en augas superficiais, avaliando así mesmo, os seus custos e as melloras asociadas.


UAV, RPAS, LIDAR, Drone, Batimetría
Volver