Secretaría Uvigo - Deseño fotolumínico do campo de fútbol da Escola Naval Militar mediante técnicas 3D de modelado BIM

Deseño fotolumínico do campo de fútbol da Escola Naval Militar mediante técnicas 3D de modelado BIM

Data de defensa25/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Xavier Núñez Nieto
Tribunal Presidencia: Víctor Ángel Alfonsín Pérez
Vogalía: José Antonio González Prieto
Secretaría: Andrés Suárez García
ResumoO presente traballo ten como obxectivo primordial o deseño dunha proposta que mellore de maneira significativa o sistema de iluminación exterior deportiva do campo de fútbol ?Roger de Lauria? da Escola Naval Militar. Para iso, tras unha etapa de planimetría e deseño CAD que sitúe de forma correcta o estudo realizada con axuda dun software gráfico específico (AutoCAD), procédese coa simulación informática principal coa axuda dun software específico de instalacións de iluminación (DIALux). Dita proposta de iluminación baséase en tecnoloxía LED e permite a creación dun modelo 3D-BIM do lugar. Á vista dos resultados obtidos coa nova disposición e sistema de iluminación, leva a cabo un estudo económico que apoie a decisión tomada ao longo do traballo. A nova proposta cumpre a normativa internacional vixente pero tamén mellora aspectos relevantes hoxe en día como son a amabilidade ambiental, eficiencia enerxética e durabilidade e pon ao devandito emprazamento ao día en termos de enerxía.

DIALux, iluminación exterior deportiva, LED, eficiencia enerxética e BIM
Volver