Secretaría Uvigo - Detección automática de discurso de odio en redes sociais

Detección automática de discurso de odio en redes sociais

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Milagros Fernández Gavilanes
Tribunal Vogalía: Alfonso Rodríguez Molares
Presidencia: Paula Gómez Pérez
Secretaría: Miguel Rodelgo Lacruz
ResumoPreséntase un enfoque para a creación dun sistema de detección do discurso de odio nas redes sociais, mediante a aplicación de técnicas de procesamento da linguaxe natural que servirán para adestrar diversos algoritmos de aprendizaxe supervisados. Con este fin, realízase así a extracción de numerosas características superficiais (incluíndo a polaridade de emojis e o reconto de mencións e hashtags), características léxicas e a inclusión dunha análise de sentimento e de sarcasmo. Experiméntase con combinacións de características para a procura daquelas que acheguen maior cantidade de información ao sistema coa consecuente mellora nos resultados. Así, neste TFG realízanse probas moi variadas tendo en conta o abanico de características consideradas e os varios modelos de aprendizaxe existentes. Todas estas probas se levaron a cabo sobre un conxunto de tweets en multiples idiomas de temática yihadista, centrándose o traballo naqueles escritos en inglés e árabe. Finalmente, realizouse unha avaliación exhaustiva utilizando características dun xeito individual, pero tamén grupal, sobre os distintos modelos, concluíndo cales deles son os que proporcionan un maior rendemento neste caso de estudo.
Volver