Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun asistente de voz para a xeración dun Caderno de Bitácora dixital

Desenvolvemento dun asistente de voz para a xeración dun Caderno de Bitácora dixital

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Milagros Fernández Gavilanes
Cotitoría: José Pablo González Coma
Tribunal Vogalía: Alfonso Rodríguez Molares
Presidencia: Paula Gómez Pérez
Secretaría: Miguel Rodelgo Lacruz
ResumoOs asistentes de voz, como Alexa ou Siri están a popularizarse cada vez máis. Actualmente, estes asistentes de voz son capaces de recoñecer ordes e interpretar o escoitado. Neste proxecto exponse a súa aplicación ao ámbito da Armada para que, mediante a súa utilización, podamos xerar un Caderno de Bitácora dixital co fin de facilitar a súa redacción e o seu almacenamento. Este documento é un dos máis importantes do barco, con usos semellantes á caixa negra dos avións. Ao tratarse dun libro físico este pódese extraviar, pódese estragar ou pode conter erros de redacción debidos a confusións ou problemas de comunicación. Mediante a utilización dun asistente de voz, permitirase almacenar nun documento a información necesaria, sen mediación dun asistente humano, para logo transferilo a unha nube de datos, realizar copias con maior facilidade ou ter a opción de modificalo todas as veces que uno desexe. Con este fin, desenvolveuse unha aplicación controlada mediante comandos de voz, coa linguaxe de programación Python, que xere de forma automática os documentos que conteñen a información relevante referente á navegación, aliviando así as dificultades previamente descritas.

Palabras chave: Reconocedor de voz, Python, Caderno de Bitácora, Comandos de voz
Volver