Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun sistema de extracción de terminología náutica en contornas multilingües

Desenvolvemento dun sistema de extracción de terminología náutica en contornas multilingües

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Milagros Fernández Gavilanes
Tribunal Presidencia: Paula Gómez Pérez
Vogalía: Alfonso Rodríguez Molares
Secretaría: Miguel Rodelgo Lacruz
ResumoAs comunicacións na mar foron de vital importancia para os navegantes dende o inicio dos tempos. Ademais, a incorporación de novas tecnoloxías a este ámbito produciu un aumento exponencial da cantidade de mensaxes que se emiten a diario dende os barcos. Como consecuencia, os operadores humanos, en moitos casos, resultan insuficientes ao non ser capaces de xestionar estes volumes de información.
Co presente TFG preténdese realizar unha aproximación a este problema, coa que se buscará desenvolver un sistema de apoio á motorización das devanditos mensaxes nunha contorna multilingüe. Para iso, usaranse técnicas de procesamento da linguaxe natural, apoiadas polo emprego de intelixencia artificial mediante algoritmos de aprendizaxe automática supervisada co fin de obter un sistema capaz de detectar as comunicacións relacionadas co ámbito naval.
De xeito adicional, implementouse un algoritmo que permite extraer información relevante que poida resultar de potencial interese para os operadores de radio, que posteriormente será almacenada nun dicionario de termos náuticos co léxico obtido.
Volver