Secretaría Uvigo - Deseño e simulación dun dispositivo para a fabricación de microfibras mediante electrospinning

Deseño e simulación dun dispositivo para a fabricación de microfibras mediante electrospinning

Data de defensa26/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Jesús del Val García
Tribunal Vogalía: Alicia Vázquez Carpentier
Presidencia: Carlos Casqueiro Placer
Secretaría: Pablo Falcón Oubiña
ResumoA técnica de electrospinning ( electrohilado) consiste na elongación dunha solución polimérica por medio de forzas electrostáticas que superen ás forzas de tensión superficial da devandita solución. Mediante este método de fabricación pódense obter fibras do polímero desexado, incluso engadindo compoñentes específicos, con diámetros no rango nanométrico ou micrométrico.

No presente Traballo de Fin de Grao, levouse a cabo o deseño dun sistema modular e versátil empregando o software de CAD Inventor que, cumprindo coas normas básicas de seguridade, permite o estudo e análise da influencia dos distintos parámetros do proceso na fabricación das fibras.

Para finalizar, tras o deseño e coa intención de validar o mesmo, realizouse unha simulación do comportamento do proceso de electrohilado mediante o método dos elementos finitos na que se varían distintos parámetros do sistema experimental. deseñado
Volver