Secretaría Uvigo - Xestión da presenza de radón en lugares de traballo: determinación de concentracións e avaliación de riscos na ENM

Xestión da presenza de radón en lugares de traballo: determinación de concentracións e avaliación de riscos na ENM

Data de defensa25/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Rosa Devesa Rey
Cotitoría: Lorena González Gil
Tribunal Secretaría: Javier Pérez Vallejo
Presidencia: José Antonio González Prieto
Vogalía: María Álvarez Hernández
ResumoO radón é un gas radioactivo de orixe natural, moi descoñecido e á vez moi daniño. Segundo a Organización Mundial da Saúde é o segundo causante de cancro de pulmón. Provén do uranio, presente nas rocas graníticas, polo que a Escola Naval Militar (ENM) atópase nunha zona susceptible de presentar altas concentracións de radón.
Neste traballo, preténdese elaborar un mapa de concentracións de radón na ENM e estimar as doses efectivas. Para logralo, realízanse 28 medicións en diferentes estancias, achando a concentración media anual de cada unha e a dose efectiva anual á que se atopan expostos diferentes colectivos: persoal, profesorado e alumnos. Obsérvase que o 34% das estancias está por enriba do límite que marca a normativa de 300 Bq/m3, o que pode dar lugar a doses efectivas anuais elevadas. Con todo, os límites legais das doses non están tan claros, dando lugar a certa polémica.
Conclúese que existe a necesidade de tomar medidas de mitigación, comprobando a gran efectividade que ten a ventilación na diminución da concentración. Asimesmo, considérase fundamental a concienciación do persoal acerca dos efectos de radón.

Concentración, Dose Efectiva, Mitigación, Radon, Risco.

Volver