Secretaría Uvigo - Estudo da propulsión a gas en buques militares. Aplicabilidade á Armada Española.

Estudo da propulsión a gas en buques militares. Aplicabilidade á Armada Española.

Data de defensa25/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Guillermo Lareo Calviño
Tribunal Secretaría: Andrés Suárez García
Vogalía: José Antonio González Prieto
Presidencia: Víctor Ángel Alfonsín Pérez
ResumoResumo ? As últimas décadas puxeron de manifesto a necesidade de adaptarse a estándares ambientais en todos os ámbitos, con esixencias no que a emisións se refire cada vez máis estritas. A propulsión de buques, en particular militares, non é allea a esta problemática, e as necesidades de propulsión tanto de buques actualmente operativos como daqueles que se poidan propoñer nun futuro próximo, débense ir adaptando ao contexto enerxético‐ambiental existente.
Con este traballo preténdese realizar un estudo do estado da arte da propulsión a gas, que na última década experimentou un crecemento considerable, facendo énfase no mundo naval militar. En particular preténdese poñer en perspectiva a idoneidade da posible adaptación da propulsión dos buques actuais e futuros da Armada Española a unha propulsión baseada en Gas Natural Licuado como combustible.
Chamado a desempeñar un papel crave na transición cara á descarbonización global, este combustible será protagonista no mundo da propulsión naval durante as próximas décadas; e é por iso que se decide estudalo en profundidade neste traballo.


Palabras chave ? Propulsión, Gas, Turbina, Gas Natural Licuado, Armada Española.
Volver