Secretaría Uvigo - Optimización enerxética da ENM en tempos de pandemia

Optimización enerxética da ENM en tempos de pandemia

Data de defensa25/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Guillermo Lareo Calviño
Tribunal Presidencia: Víctor Ángel Alfonsín Pérez
Vogalía: José Antonio González Prieto
Secretaría: Andrés Suárez García
ResumoAs medidas adoptadas para facer fronte ao contexto da pandemia xerada polo COVID19 debuxaron un panorama distinto ao que existía previamente, sobre todo derivado desde o punto de vista enerxético, na necesidade de mellorar/ aumentar a renovación de aire en espazos pechados.
Este traballo de fin de grao pretende analizar enerxéticamente dita influencia no ámbito da Escola Naval Militar.

Para a realización do mesmo, analizarase a situación actual coas medidas impostas no relativo á ventilación e á renovación de aire en espazos pechados e, compararase coa situación existente con anterioridade á chegada da devandita pandemia. Para iso será necesario abordar unha análise de datos, tanto de tipoloxías de edificios, consumos, etc. para, a partir deles, seleccionar a metodoloxía máis adecuada que permita abordar os obxectivos deste traballo. En particular empregarase a simulación como elemento básico, con programas como Sketchup, TRNBuild, TRNSYS Simulation Studio e TRNExe para levar a cabo o modelado de edificios, configuración de parámetros, condicións de traballo.

O estudo pretende extraer os resultados do devandita análise e expor cal/ cales serían os escenarios máis idóneos desde o punto de vista enerxético.

Palabras chave ? Análise Enerxética, Sketchup, Trnsys, Covid19, Ventilación

Volver