Secretaría Uvigo - Caracterización en tempo real de canles radio en comunicacións buque-terra conforme á evolución das mareas

Caracterización en tempo real de canles radio en comunicacións buque-terra conforme á evolución das mareas

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: José María Núñez Ortuño
Cotitoría: Francisco José Calviño Dopazo
Tribunal Presidencia: Norberto Fernández García
Vogalía: Gonzalo Castiñeira Veiga
Secretaría: José Pablo González Coma
ResumoDurante o proceso de medición de diagramas de radiación de antenas, os buques deben describir unha evolución. Durante o tempo que dura a evolución a variación da altura da marea pode repercutir negativamente na ligazón provocando que os diagramas obtidos sexan erróneos e non reflictan a realidade. O presente Traballo de Fin de Grao consiste no desenvolvemento dunha ferramenta que axude ao (Centro de Medidas Electromagnéticas da Armada) a optimizar o proceso de obtención de diagramas de radiación.
Para iso, en primeiro lugar, estúdase a propagación das ondas electromagnéticas mediante o mecanismo de onda de espazo, centrándose na banda de VHF. Tamén se estuda o efecto do multitrayecto, orixinado cando se reciben simultaneamente varias réplicas dunha mesma onda, despois de viaxar por camiños diferentes, e especialmente, cando un dos camiños corresponde ao dunha reflexión na superficie do mar. Este efecto, que adoita analizarse como unha interferencia, ás veces destrutiva, dependerá de numerosos factores como a distancia entre antenas, a altura entre elas, e a frecuencia e xeometría da ligazón.
En segundo lugar, deseñouse un software na contorna de programación de Matlab que, a través dunha interface gráfica e varias funcións auxiliares, permiten calcular e representar o perfil estimado do campo recibido en función da distancia considerando o efecto do multitrayecto. O software, que ten en conta a altura da marea, recomenda a posición optima do buque para a realización de medidas.

Volver