Secretaría Uvigo - Desprege de motor analítico e ferramenta de visualización de datos (Big Data) para o coñecemento da contorna marítima en tempo real.

Desprege de motor analítico e ferramenta de visualización de datos (Big Data) para o coñecemento da contorna marítima en tempo real.

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Ana Belén Barragáns Martínez
Cotitoría: Pablo Sendín Raña
Tribunal Presidencia: Milagros Fernández Gavilanes
Vogalía: Gerardo González-Cela Echevarría
Secretaría: José María Núñez Ortuño
ResumoCoa chegada da Cuarta Revolución Industrial, a Armada Española viuse necesitada dunha renovación e actualización das súas unidades e sistemas que lle permita manterse á vangarda das potencias navais no mundo. Con este propósito, a Armada iniciou un proxecto de investigación liderado polo CUD, no que participa o COVAM, co obxecto de promover a aplicación de Intelixencia Artificial e Big Data para o coñecemento da contorna marítima, dentro do cal se encadra o presente traballo.
Neste TFG deséñase a arquitectura dun sistema que permite almacenar nunha plataforma Big Data un fluxo de datos AIS en tempo real facilitando o seu procesamento posterior. Na arquitectura despregada emprégase, tras unha detallada revisión e selección, Apache Kylin como motor analítico e Apache Superset como ferramenta de visualización de datos.
Este sistema permite realizar consultas con moi baixas latencias cuxos resultados son visualizados en tres paneis de mando e control, deseñados atendendo ás necesidades do COVAM.
PALABRAS CLAVE:
Dashboard, Apache Kylin, Apache Superset, Big Data, COVAM
Volver