Secretaría Uvigo - Estudo para a implementación de sistemas de celas de combustible en vehículos aéreos non tripulados.

Estudo para a implementación de sistemas de celas de combustible en vehículos aéreos non tripulados.

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Víctor Ángel Alfonsín Pérez
Tribunal Presidencia: Andrés Suárez García
Secretaría: María del Rocío Maceiras Castro
Vogalía: Jesús del Val García
ResumoA crecente preocupación do impacto ambiental e o rápido consumo dos combustibles fósiles ha suposto o fomento da procura e desenvolvemento de fontes de enerxía limpa alternativas. A crecente globalización do emprego dos vehículos aéreos non tripulados en ámbitos civís e militares; así como a súa potenciación nas Forzas Armadas Españolas, motivado como consecuencia das grandes vantaxes operativas que supoñen, resultou como un novo camiño de estudo na procura de mellora das súas capacidades actuais. O presente Traballo de Fin de Grao supón precisamente o estudo da implementación de celas de combustible como sistema de propulsión alternativo a bordo dos vehículos aéreos non tripulados. Numerosas empresas do campo aeronáutico lanzáronse ao mercado en busca do desenvolvemento desta tecnoloxía. As celas de combustible tipo PEM (Proton- Exchange Membrane) resultan unha das técnicas máis innovadoras na integración de sistemas híbridos de propulsión. O emprego do hidróxeno como portador de enerxía de alta eficiencia, proporciona ás celas de combustible a alta densidade enerxética que as caracteriza e que supón un avance nunha das maiores barreiras destes vehículos aéreos. A súa integración implica a prolongación da autonomía de voo moi por encima dos sistemas convencionais propulsados por baterías litio polímero. Isto supón o incremento de permanencia no aire, así como a posibilidade de cubrir áreas maiores, aumentando o número e a calidade das aplicacións de uso.
Batería, Hidróxeno, Pila de combustible, Simulación, UAVs.
Volver