Secretaría Uvigo - Estudo prospectivo aplicado á Seguridade Interior

Estudo prospectivo aplicado á Seguridade Interior

Data de defensa24/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Gerardo González-Cela Echevarría
Tribunal Presidencia: Rosa Devesa Rey
Secretaría: María Álvarez Hernández
Vogalía: Lorena González Gil
ResumoA revolución tecnolóxica sufrida nos últimos anos, cambiou radicalmente a nosa forma de vida. As tecnoloxías teñen o obxectivo de mellorar e facilitar as actividades que desenvolvemos día a día. Atopamos avances en campos como o das telecomunicacións, o transporte ou o comercio. Estas melloras atopámolas tamén nos buques de guerra, que cada día contan con sistemas máis automatizados, o que permite a mellora da calidade de vida e de traballo das dotacións.
A Seguridade Interior é un factor determinante para aumentar as posibilidades de supervivencia dun buque e da súa dotación. Neste traballo, realízase un estudo desta disciplina desde un enfoque prospectivo, facendo unha investigación dos elementos que puidesen incorporarse a curto, medio e longo prazo, co fin de achegar maiores garantías á seguridade das dotacións e aumentar a eficacia das accións realizadas, mellorando así as súas condicións de traballo. Neste traballo faise especial énfase no emprego de simulacións para predicir e optimizar as accións para realizar. Mostrando o potencial e algunhas das súas aplicacións que ten a simulación no ámbito da Seguridade Interior.

Palabras xave: Seguridade Interior, Simulación, Prospectiva, Incendio
Volver