Secretaría Uvigo - Aproveitamento dos residuos lignocelulósicos das bananeiras para a produción de bioetanol

Aproveitamento dos residuos lignocelulósicos das bananeiras para a produción de bioetanol

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Víctor Ángel Alfonsín Pérez
Titoría: María del Rocío Maceiras Castro
Tribunal Vogalía: Leticia Pérez Rial
Presidencia: Rosa Devesa Rey
Secretaría: Lorena González Gil
ResumoA posibilidade do aproveitamento dos residuos xerados no cultivo de plátanos e a capacidade de xerar unha alternativa aos combustibles fósiles a través dunha enerxía limpa, fai que xurda a idea e se desenvolva a seguinte investigación
Previo á investigación, realízase un estudo do contexto e a literatura referente ás enerxías renovables centrándose na enerxía procedente da biomasa e dos proxectos precedentes a este traballo.
Seguidamente, procédese coa fase de desenvolvemento do proxecto, onde se explican os diferentes procesos aplicados, especialmente o pretratamento, hidrólise, fermentación e destilación. A nova implementación de técnicas de ultrasóns en partes do proceso, en concreto no pretratamiento e a fermentación, pero sen esquecer técnicas convencionais con probados resultados como na hidrólise ou a destilación marcan a diferenza principal desta investigación.
O proxecto prosegue coa obtención e análise de resultados de 16 experimentos. Estes serven para comparar e avaliar, ademáis de poder estudar, a caracterización de celulosa (37 % na folla) e o da humidade (valor que ha de estar por baixo do 10 %). Ademáis da influencia de diversas variables no pretratamiento, como o tempo de sonicación e a concentración de NaOH, onde os resultados máis eficaces obtiveronse respectivamente cun tempo de 20 minutos e cunha concentración do 1% para a optimización do proceso de obtención de azucres. A continuación, realízase a caracterización de bioetanol e o análise termogravimétrico, para en último lugar finalizar o proxecto cunhas conclusións e o establecemento dunhas liñas de traballo futuras.
Volver