Secretaría Uvigo - Obtención de hidróxeno e potabilización de auga a partir de procesos electrolíticos

Obtención de hidróxeno e potabilización de auga a partir de procesos electrolíticos

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Jorge Feijoo Conde
Cotitoría: María del Rocío Maceiras Castro
Tribunal Vogalía: Leticia Pérez Rial
Presidencia: Rosa Devesa Rey
Secretaría: Lorena González Gil
ResumoA problemática enerxética e a falta de recursos hídricos aproxímanse cada vez máis cara a unha futura e agravada crise de recursos para a poboación mundial. As medidas e posibles solucións esbozadas para sobreporse á problemática mostran unha clara tendencia cara ao progreso das fontes de enerxías renovables como o hidróxeno, coa súa implementación en celas de combustible para a obtención de enerxía eléctrica, e o perfeccionamento de tecnoloxías de desalinización da auga de mar para a súa potabilización, sobre todo en zonas onde as condicións actuais de escaseza de auga demandan unha inmediata e necesaria solución para o benestar da poboación.
Unha viable medida adoptada para avanzar no sector, e que aínda non se investigou a gran escala, é a aplicación das técnicas electrolíticas á auga de mar para a súa desalinización e, conxuntamente, para a obtención de hidróxeno puro que poida ser idóneo como fonte enerxética limpa e renovable.
Ademais da demostración e razoamento do novo método da electrólise para tales propósitos, o presente estudo abarca a exposición e descrición da metodoloxía seguida durante a experimentación nun prototipo deseñado especificamente para actuar de planta de tratamento de auga potable (ETAP) a través da electrólise, xunto aos requiridos e exhaustivos controis de numerosos parámetros para garantir a calidade da auga tratada para o consumo humano segundo as normativas vixentes.
Os resultados dos parámetros analizados han concluído a viabilidade do proceso electrolítico para lograr a redución das sustancias a eliminar na composición da auga de mar para garantir a súa potabilización e, á vez, achegando un fluxo de hidróxeno puro perfectamente captable para o seu uso enerxético. Así mesmo, hai que destacar o deseño en Autodesk Inventor do prototipo implementado durante a experimentación e a elaboración dos planos correspondentes precisando os seus detalles, medidas e melloras.

Palabras clave: Auga de mar, Electrólisis, Hidróxeno, Potabilización, Enerxías renovables.
Volver