Secretaría Uvigo - Construción dun reactor tubular de oxidación fotoquímica a escala de laboratorio para depuración de augas de buques con residuos MARPOL

Construción dun reactor tubular de oxidación fotoquímica a escala de laboratorio para depuración de augas de buques con residuos MARPOL

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Santiago Rafael Urréjola Madriñán
Cotitoría: Claudio Cameselle Fernández
Cotitoría: Susana Margarida Alves Ferreira de Gouveia
Tribunal Vogalía: Jorge Feijoo Conde
Secretaría: Víctor Ángel Alfonsín Pérez
Presidencia: María del Rocío Maceiras Castro
ResumoOs procesos convencionais de tratamento de augas, en moitas ocasións, non garanten a completa eliminación dos contaminantes presentes nestas. Os métodos fotoquímicos, non sendo unha das opcións máis populares, parecen presentar unhas características potencialmente letais contra as sustancias máis tóxicas e difíciles de eliminar. Continuando coa liña de investigación comezada no noso centro no curso 2018-2019, neste traballo propúxose o deseño, construción e probas dun reactor tubular de oxidación fotoquímica para a súa aplicación como planta piloto a escala de laboratorio para depuración de augas de buques con residuos MARPOL.
Baseado nos resultados de TFGs previos, nos que se estudou a oxidación fotoquímica de maneira estática a escala de laboratorio, ao longo deste traballo desenvolvemos deseños, os cales foron optimizados e axustados aos nosos requirimentos e circunstancias. Levamos a execución varios prototipos, que foron do mesmo xeito probados e perfeccionados até consumar nun dispositivo capaz de degradar contaminantes por medio desta prometedora tecnoloxía.
Grazas ao noso esforzo, disponse dunha planta na que poder realizar posteriores investigacións no ámbito da oxidación fotoquímica. Futuras melloras deberanse realizar sobre o reactor co fin de dotalo dunha maior versatilidade, precisión e monitorización dos procesos.

Palabras chave: Reactor, MARPOL, Luz Ultravioleta, Ozono, Oxidación Fotoquímica.

Volver