Secretaría Uvigo - Análise de circuítos RLC como osciladores harmónicos

Análise de circuítos RLC como osciladores harmónicos

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Gonzalo Castiñeira Veiga
Cotitoría: José Pablo González Coma
Tribunal Presidencia: Francisco Javier Guzmán Crespo
Vogalía: Francisco Manuel Troncoso Pastoriza
Secretaría: Jorge Eiras Barca
Secretaría do centro: Ana Belén Barragáns Martínez
ResumoO presente Traballo de Fin de Grao enmárcase no estudo dun circuíto RLC en serie (é dicir, un circuíto cunha resistencia, unha bobina e un condensador) como un oscilador harmónico. Nel dedúcense as ecuacións propias do devandito circuíto, e desenvólvense mediante tres estudos diferentes para buscar a solución deste en termos da intensidade de corrente. Así, comezarase co método de resolución da ecuación diferencial ordinaria de segunda orde do circuíto, continuando coa aplicación das propiedades da Transformada de Laplace, e concluirase o estudo coa análise do circuíto mediante impedancias. Destacar que se estudará o concepto da resonancia mostrando a súa influencia neste tipo de circuítos RLC ademais de presentar as vantaxes e desvantaxes desta. Por último, proponse un código en Matlab App Designer, que dá lugar a unha interface capaz de mostrar a influencia da variación dos distintos parámetros que compoñen o circuíto, tanto en réxime permanente como en estacionario. Así, esta interface será capaz de analizar o tipo de sistema que se de, ademais de ilustrar de forma intuitiva as características que se refiren a cada tipo de sistema.
Volver