Secretaría Uvigo - Optimización da planificación de mantemento de helicópteros da Armada

Optimización da planificación de mantemento de helicópteros da Armada

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: María Álvarez Hernández
Tribunal Secretaría do centro: Ana Belén Barragáns Martínez
Vogalía: Francisco Manuel Troncoso Pastoriza
Secretaría: Jorge Eiras Barca
Presidencia: Francisco Javier Guzmán Crespo
ResumoA Décima Escuadrilla de aeronaves da Armada Española é unha peza crave nos escenarios navais actuais. Os seus doce helicópteros, normalmente embarcados en buques da Armada, caracterízanse por poder cumprir unha gran cantidade de obxectivos en demanda de España. A prioridade desta escuadrilla é, sen dúbida, optimizar a operatividade das súas unidades, a ter en consideración que deben recibir unha serie de mantementos preventivos para estar dispoñibles. Os mantementos programados, aínda que incrementan en curto prazo a eficacia nas operacións e a longo prazo, a vida útil da aeronave, tamén o fai o tempo de inactividade, reducindo a dispoñibilidade das unidades. Este proxecto presenta un modelo matemático baseado na Programación Lineal que minimiza o número de helicópteros despregados que entran en mantemento. Para a súa formulación e posteriormente, a súa implantación para servir como unha aplicación, contouse con todas as características do helicóptero SH-60 B e o seu mantemento. Isto matematicamente exprésase en forma de datos, variables e restricións, que canalizan e acoutan o problema para garantir que por cada misión que require un helicóptero, hai un estipulado. A aplicación permite asignar helicópteros a misións segundo as súas horas de voo, xa que estas indican, de forma periódica, cando un helicóptero debe iniciar mantemento. Ademais, asegura que as semanas de mantemento nas misións sexan as mínimas posibles.
Volver