Secretaría Uvigo - Deseño e simulación de sistemas de control avanzados para freos ABS en vehículos con CarSim.

Deseño e simulación de sistemas de control avanzados para freos ABS en vehículos con CarSim.

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Pablo Falcón Oubiña
Tribunal Presidencia: Miguel Ángel Álvarez Feijoo
Secretaría: Antón Cacabelos Reyes
Vogalía: Xavier Núñez Nieto
ResumoDesde o 1 de xullo de 2004, a normativa europea dita que non é legal vender na UE vehículos de pasaxeiros que non incorporen sistemas de freado antibloqueo (ABS). Este sistema é un dos principais elementos de seguridade activa utilizados na industria automobilística, e encárgase de reducir, en caso de producirse unha freada brusca ou de emerxencia, tanto a distancia como o tempo de freado sen comprometer a controlabilidad do vehículo polo bloqueo dalgunha das rodas.
Os sistemas ABS basean a súa eficiencia nunha xestión completamente electrónica. A pesar de non ser unha invención recente, nas últimas décadas investigouse a maneira de implementar novas técnicas de control que permitan obter mellores resultados.
Neste traballo empregarase un modelo un matemático previamente validado para deseñar e optimizar distintos tipos de controladores non lineais, que posteriormente se implementarán nun modelo ?real? xerado por un software de simulación de vehículos. Froito da realización dunha serie de simulacións en distintos escenarios, obteranse os resultados que nos permitirán comprobar se as distintas técnicas de control aplicadas son válidas ou non.
Palabras chave:
Controladores non lineais, Esvaramento, Dinámica vehicular, Freos ABS, Teoría de control.
Volver