Secretaría Uvigo - Proxecto de cubrición das pistas de pádel da Escola Naval Militar

Proxecto de cubrición das pistas de pádel da Escola Naval Militar

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Andrés Suárez García
Titoría: Arturo González Gil
Tribunal Presidencia: Miguel Ángel Álvarez Feijoo
Secretaría: Antón Cacabelos Reyes
Vogalía: Xavier Núñez Nieto
ResumoEste Traballo Fin de Grao aborda o deseño e dimensionado dunha cuberta para as pistas de pádel da Escola Naval Militar (ENM). Esta escola, centro de formación para os futuros oficiais da Armada Española, debe posuír unhas instalacións acordes á institución que representa. Por esta razón, o principal obxectivo que se pretende con este proxecto é propoñer unha solución factible e segura que fomente a formación física na ENM. Para iso realízase un estudo das normativas aplicables ao deseño estrutural para cubertas xunto cunha análise das diferentes variantes de cubertas que existen no mundo do pádel. Á súa vez, analízase o estado de conservación actual das pistas de pádel, do mesmo xeito que se realiza unha consulta ao persoal que fai uso destas instalacións co-fin de xustificar a necesidade e requisitos do deseño da cuberta. Por último, e tras a elección e descrición dunha cuberta moderna, confecciónase un orzamento estimado para a execución deste proxecto, do mesmo xeito que se redactan unhas conclusións e liñas futuros relacionadas con este ámbito.
Volver