Secretaría Uvigo - Ferramenta de monitoraxe e control da concentración de radon en espazos interiores

Ferramenta de monitoraxe e control da concentración de radon en espazos interiores

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Arturo González Gil
Cotitoría: Pablo Falcón Oubiña
Tribunal Presidencia: Miguel Ángel Álvarez Feijoo
Secretaría: Antón Cacabelos Reyes
Vogalía: Xavier Núñez Nieto
ResumoO radon é un potente contaminante que afecta á calidade do aire interior en todo o mundo. Estudos epidemiolóxicos demostraron un vínculo claro entre a respiración de altas concentracións de radon e a incidencia de cancro de pulmón. De feito, despois do tabaco, trátase da segunda causa máis importante de cancro de pulmón.
Por tanto, coñecendo estes datos, resulta de vital importancia coñecer os niveis de radon nos interiores de vivendas e habitáculos para proceder a unha posterior renovación do aire se fose necesario. Existen medidores de radon que permiten obter o nivel de existencia deste gas nunha contorna pechada pero estes datos deben ser colleitados a través de aplicacións do fabricante, e non sempre é sinxelo acceder a estes datos para o seu posterior procesamiento.
No presente traballo preténdese desenvolver unha ferramenta de monitoraxe de gas radon para analizar de maneira remota os datos e un sistema automatizado de ventilación para casos nos que se superen niveis establecidos pola normativa.
Volver