Secretaría Uvigo - Avaliación de factores determinantes na concentración de radon en espazos interiores

Avaliación de factores determinantes na concentración de radon en espazos interiores

Data de defensa23/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Arturo González Gil
Cotitoría: Lorena González Gil
Tribunal Presidencia: Miguel Ángel Álvarez Feijoo
Vogalía: Xavier Núñez Nieto
Secretaría: Antón Cacabelos Reyes
ResumoA inmisión de gas radon no interior dos edificios supón un efecto prexudicial para os habitantes que nel se atopan. A súa comprobada relación co cancro de pulmón deu lugar a unha crecente preocupación social e científica, e promoveu o desenvolvemento de normativas e medidas de mitigación para reducir ao máximo os seus efectos radioactivos.
No presente Traballo Fin de Grao investigáronse diferentes variables que poden afectar á concentración de radon en espazos pechados, incluíndo factores xeolóxicos, construtivos, meteorolóxicos e de mareas. Para iso, durante dous meses, leváronse a cabo medicións dos niveis deste gas no edificio do Centro Universitario da Defensa, situado na Escola Naval Militar, e estudouse a súa relación con cada un dos factores anteriormente indicados.
Conclúese que as concentracións deste gas están influenciadas por factores xeolóxicos, así como meteorolóxicos onde para a zona estudada, o máis influente é a presión atmosférica. Así mesmo, achouse unha relación entre o radon e as mareas terrestres e oceánicas, sendo o efecto das últimas especialmente relevante debido á proximidade da zona ao mar.
Palabras clave: Concentración de radón, correlación, factores meteorológicos, mareas terrestres y oceánicas, terreno.
Volver