Secretaría Uvigo - Optimización de material empregado na fabricación aditiva de resina fotocurable mediante variación de parámetros de impression.

Optimización de material empregado na fabricación aditiva de resina fotocurable mediante variación de parámetros de impression.

Data de defensa22/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Andrés Suárez García
Tribunal Presidencia: Arturo González Gil
Secretaría: Iván Puente Luna
Vogalía: Carlos Pérez Collazo
ResumoDurante os últimos anos as diferentes tecnoloxías de impresión en tres dimensións foron evolucionando ata a situación actual. Hoxe en día pódense fabricar elementos de practicamente calquera tipo de material. No ámbito de Defensa non vai ser distinto, as amplas capacidades que este tipo de tecnoloxías permite implican que o seu desenvolvemento sexa de especial relevancia. Sendo máis concretos, na Armada supoñería un importante factor de aforro, tanto de materiais, como de almacenaxe, de tempo e sobre todo económico. No presente TFG estudarase unha destas tecnoloxías, a estereolitografía. O seu desenvolvemento comprende unha fase de deseño de probetas, seguindo a normativa pertinente, unha fase de estudo do software de impresión 3D, na que se alterarán parámetros para analizar o seu comportamento aos distintos ensaios de tracción, pandeo e dureza aos que serán sometidos os distintos modelos. Para iso utilizouse a impresora 3D de resina fotocurable que adquiriu o CUD e os aparellos necesarios para a realización dos diferentes ensaios. Desta maneira realizarase unha análise dos resultados obtidos co fin de achar unha optimización desta tecnoloxía.

Resina, impresión 3D, fabricación aditiva, ensaios mecánicos.
Volver