Secretaría Uvigo - Estudo da modificación das propiedades ao incorporar materiais de cambio de fase a morteiros

Estudo da modificación das propiedades ao incorporar materiais de cambio de fase a morteiros

Data de defensa22/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Miguel Ángel Álvarez Feijoo
Titoría: Jorge Feijoo Conde
Tribunal Presidencia: Arturo González Gil
Secretaría: Iván Puente Luna
Vogalía: Carlos Pérez Collazo
ResumoO cambio climático supón un dos principais retos aos que se enfronta a sociedade moderna. Desde o punto de vista do sector da construción, a mellora da eficiencia enerxética dos edificios, a través de aplicación de novos sistemas illantes, permite incrementar o aforro enerxético ata porcentaxes superiores ao 60%. Este aforro, ademais de ocasionar unha mellora no confort interior, contribúe a reducir as emisións de dióxido de carbono á atmosfera. A adaptación das construcións, en termos de eficiencia enerxética, fronte aos retos ambientais que se lle expoñen á sociedade é imprescindible para alcanzar a sustentabilidade do medio ambiente. Actualmente, en construcións modernas, a eficiencia enerxética conséguese mediante a instalación de sistemas illantes nas fachadas que preserven a inercia térmica. Con todo, en construcións anteriores aos anos 50, especialmente naquelas catalogadas como patrimonio histórico, a falta de espesor dispoñible nas fachadas non permite levar a cabo a súa instalación, polo que é necesario buscar novas solucións ou alternativas.
Este Traballo Fin de Grao (TFG) centrouse en analizar e avaliar, tanto desde o punto de vista físico como enerxético, o comportamento dun morteiro de cal con diferentes proporcións de material de cambio de fase (PCM, Phase Change Material) a fin de avaliar a súa idoneidade non só como elemento estrutural nun edificio senón tamén como alternativa para a mellora enerxética da construción.
Durante a fase experimental caracterizouse e avaliado o morteiro de cal mediante diferentes ensaios (dureza, termogravimétrico e de porosidades accesibles entre outros), para estudar a variación de propiedades físicas, mecánicas e térmicas. Ao incorporar o PCM ao morteiro de cal conseguiuse aumentar a capacidade de almacenamento de calor, como era de esperar. Un aspecto destacado foi a modificación da estrutura porosa do morteiro ao incorporar o PCM. Nunha baixa proporción do material de cambio de fase increméntase a porosidad do morteiro, tanto accesible como capilar. Pola contra, nunha proporción maior de PCM o efecto é contrario, xa que desaparecen familias de poros de menor diámetro. Isto ten o seu efecto nas propiedades mecánicas. En materiais con menor porosidad increméntase a dureza.
Morteiro, material de cambio de fase, sustentabilidade, eficiencia, construcción.
Volver