Secretaría Uvigo - Durabilidade de morteiros aditivados con PCM fronte á agresión de axentes ambientais externos

Durabilidade de morteiros aditivados con PCM fronte á agresión de axentes ambientais externos

Data de defensa22/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Miguel Ángel Álvarez Feijoo
Cotitoría: Jorge Feijoo Conde
Tribunal Presidencia: Arturo González Gil
Secretaría: Iván Puente Luna
Vogalía: Carlos Pérez Collazo
ResumoO fomento da mellora da eficiencia enerxética en todos os campos converteuse nunha das principais medidas que se están implantando a nivel internacional para cumprir coas directivas ambientais.
Segundo o ?2019 Global Status Report for Buildings and Construction? da ONU, en 2018 o sector da construción e os edificios foron responsables do 36% do consumo enerxético global e dun 39% das emisións de CO2 relacionadas coa enerxía. Este feito converte ao sector da edificación nun punto crave no que centrar os esforzos en materia de eficiencia enerxética.
Nos últimos anos o número de investigacións centradas na incorporación de PCM (materiais de cambio de fase) en diferentes elementos construtivos (chans, teitos, revestimentos de paredes) foi aumentando notablemente. A capacidade dos PCM para almacenar e liberar enerxía térmica nos seus cambios de fase dótano dun gran potencial para o almacenamento de enerxía térmica, conseguindo suavizar as oscilacións térmicas e mantendo o confort dentro dos edificios, o cal supoñería unha notable redución do consumo enerxético e de emisións nocivas.
O presente estudo céntrase en avaliar a durabilidade de morteiros de cal aditivados con PCM fronte á agresión de axentes agresivos externos (como son os sales solubles) e fronte a condicións ambientais extremas (ciclos xeo-desxeo e choque térmico) mediante ensaios de envellecemento acelerado, para analizar o seu comportamento e avaliar a súa idoneidade á hora de aplicalos en obra. Tamén se estuda o comportamento térmico dos morteiros aditivados con PCM, así como o efecto do material na condutividade das mostras.
De entre os resultados obtidos destácase que o PCM mellora a capacidade de almacenamento de enerxía térmica e reduce a súa condutividade térmica. Doutra banda, a súa incorporación ao morteiro inflúe positiva ou negativamente en función do axente externo que lle afecte: fronte á acción de sales solubles permite incrementar a durabilidade, non así fronte ao choque térmico
Eficiencia enerxética, PCM, almacenamento de enerxía térmica, durabilidade, morteiros de cal
Volver