Secretaría Uvigo - Deseño e cálculo dun sistema de cazado de escotas para embarcacións de vela

Deseño e cálculo dun sistema de cazado de escotas para embarcacións de vela

Data de defensa22/03/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Cotitoría: Alicia Vázquez Carpentier
Titoría: Antón Cacabelos Reyes
Tribunal Presidencia: Arturo González Gil
Secretaría: Iván Puente Luna
Vogalía: Carlos Pérez Collazo
ResumoNun sistema de cazado de escotas, o elemento esencial para a transmisión de potencia é un winch. Este elemento náutico, tan habitual nas embarcacións a vela, ten como propósito facilitar ao navegante a adecuación das velas á dirección do vento para poder seguir o seu rumbo.
Partindo dun tipo de winch, instalado en dous dos cruceiros da Escola Naval Militar, realizouse o cálculo e redeseño do mecanismo interno do devandito elemento mediante o emprego dun tren de engrenaxes epicicloidais para repartir mellor os esforzos realizados entre os seus dentes, logrando que dispoña tamén dunha velocidade máis que o winch tomado como modelo. Facendo uso do programa Inventor Professional, este novo deseño foi modelado en 3D, realizándose tamén un cálculo estrutural do mesmo empregando o material POM- H natural.
Volver