Secretaría Uvigo - Modelo simplificado de predición do proceso de secado dunha liña de papel

Modelo simplificado de predición do proceso de secado dunha liña de papel

Data de defensa09/03/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría de Minas
CentroEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Dirección Titoría: Elena Beatriz Martín Ortega
Tribunal Presidencia: María Araújo Fernández
Vogalía: Guillermo García Lomba
Secretaría: Marta María Cabeza Simo
ResumoNeste proxecto vaise realizar o estudo dunha liña continua de secado de papel. Para elo diseñarase un modelo unidireccional alxebraico simplificado do mesmo e implementarase en MATLAB unha rutina que, partindo dese modelo, xerará unha predición rápida das características finais do secado de papel.

A efectos deste proxecto disponse dos resultados dunha simulación CFD dunha sección reducida da liña que se convertirá no perfil unidimensional do aire (temperatura e velocidade) para alimentar a ferramenta de modelado do proceso.

Decídese establecer como variables de estudo do proceso o gramaxe do papel e a temperatura do papel ao longo da liña. Desenvolveranse as ecuacións destas variables de estudo partindo das ecuacións xerais de conservación de masa e enerxía considerando as hipoteses do problema: unidimensionalidade do proceso de secado, espesor do papel constante, velocidade de avance do papel constante e condicions de operación de secado estacionarias (fornos funcionando con ventiladores a rpm constantes e a temperatura de aire de secado constantes).

Unha vez definido o perfil de comportamento do aire da liña e unha vez se teñen as ecuacións terminadas impleméntanse en MATLAB un programa que permita predecir a evolución das variables de estudo do papel ao longo da liña. Tras a execución do programa realizase un contraste dos resultados cos datos reais obtidos en campo da temperatura do papel e do gramaxe, conociendo así a certeza e o grado de precisión do modelo e do programa.

Para cada combinación de condicións de operación da liña de secado, o programa retorna as curvas de temperatura e de gramaxe do papel nun tempor inferior a 300 segundos, posibilitando usar esta ferramenta nun futuro no modelo de control da liña de secado.
Volver