Secretaría Uvigo - Comprendendo como as características dos hábitats invadidos influen no rendemento de Carpobrotus edulis

Comprendendo como as características dos hábitats invadidos influen no rendemento de Carpobrotus edulis

Data de defensa03/03/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, conservación e xestión
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Luis González Rodríguez
Tribunal Presidencia: Maria Jesús Iglesias Briones
Secretaría: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Vogalía: José María Sánchez Fernández
ResumoAs especies exóticas invasoras supoñen un grave problema para os
ecosistemas costeiros, que son sometidos de forma natural a unha gran variedade de
perturbacións e ameazas que poñen en risco a conservación da súa biodiversidade. Entre
estas especies está Carpobrotus edulis (L.) N.E. Br, unha planta suculenta orixinaria de
Sudáfrica que actualmente coloniza estes hábitats ao longo de toda a costa española.
Neste traballo estudouse como as características fisicoquímicas e biolóxicas de catro
hábitats costeiros: dunas, cantís, zona perturbada e bosques mixtos de Acacia longifolia
(Andrews) Willd. e Pinus pinaster Ait., inflúen na eficiencia fotosintética e no
crecemento de C. edulis.
4
Os puntos de mostraxe distribuíronse ao longo da costa noroeste de España e Portugal,
dende O Grove ata Afife, comprendendo os catro hábitats. As mostras procesáronse
tanto no campo coma no laboratorio e realizouse unha análise estatística dos resultados.
A planta é capaz de adaptarse ós diferentes hábitats costeiros, mantendo o seu
rendemento e presentando unha ampla plasticidade fenotípica. Atopouse que esta
especie tiña unha maior lonxitude de ramets nos bosques costeiros e un maior peso nos
cantís. Por outra banda, a súa eficiencia fotosintética tampouco se ve afectada polas
distintas condicións de cada hábitat. Pode facer fronte á intensidade de luz alta, propia
dos cantís e das dunas e, ao mesmo tempo, soportar zonas de sombra moderada coma os
bosques, a súa propagación incluso se ve facilitada reducíndose o estrés lumínico.

Palabras chave: Carpobrotus edulis, hábitats costeiros, especies exóticas invasoras, rendemento, capacidade fotosintética.
Volver