Secretaría Uvigo - Estudo faunístico das covas de O Folón e A Trapa

Estudo faunístico das covas de O Folón e A Trapa

Data de defensa03/03/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, conservación e xestión
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Adolfo Cordero Rivera
Tribunal Presidencia: Maria Jesús Iglesias Briones
Secretaría: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Vogalía: José María Sánchez Fernández
ResumoA fauna existente nas covas graníticas de Galicia está pouco estudada, en boa parte porque as cavidades soen ser de pequeno tamaño e polo tanto pouco atractivas para a bioespeleoloxía, pero unha excepción son as covas de O Folón en Coruxo (Vigo-Pontevedra) e as covas de A Trapa en Ribadelouro (Tui-Pontevedra). Neste traballo preséntase un estudo faunístico e un pequeno estudo climatolóxico de ambas cavidades e a súa comparación. Realizáronse 10 mostraxes manuais e se instalaron dous tipos de trampas no interior das cavernas recolléndose un total de 226 individuos, 148 no sistema de O Folón e 78 nas covas de A Trapa. Para o estudo climatolóxico se instalaron data loggers nas dúas cavidades para o rexistro da temperatura. En canto o estudo faunístico cabe destacar a presenza en ambas covas da araña Meta menardi (Latreille, 1804), ata agora solo coñecida en Galicia en O Folón, e a presenza do opilión Nemastomella dentipatellae Dresco, 1967, previamente só citado na provincia de Pontevedra nas covas de O Folón. Analizáronse os resultados mediante unha curva de rarefacción que mostra que aínda falta realizar un maior esforzo de mostraxe para atopar tódalas especies presentes. En canto a climatoloxía de ambas cavernas obtívose o resultado esperado, producíndose pequenas variacións na temperatura o longo do período estudado, o que as convirte en sistemas semi-illados do exterior.
Palabras clave: Fauna cavernícola, faunística, temperatura, rego subterráneo, covas graníticas, noroeste de España, Pontevedra, Vigo, Tui.
Volver