Secretaría Uvigo - A Intelixencia Emocional Como Variable Moduladora Na Rehabilitación E Prevención Das Recaídas Nas Drogodependencias.

A Intelixencia Emocional Como Variable Moduladora Na Rehabilitación E Prevención Das Recaídas Nas Drogodependencias.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Educación Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Manuel Isorna Folgar
Tribunal Titoría: Manuel Isorna Folgar
ResumoNeste traballo de fin de grado analízase a intelixencia emocional de persoas drogodependientes e como inflúe esta e as súas emocións na prevención de recaídas. O estudo consistiu en analizar a intelixencia emocional no centro de tratamento de Proxecto Home da cidade de Ourense.

Estas persoas precisan de axuda profesional para retomar as rendas da súa vida e tamén requiren de afecto e apoio por parte de outras persoas, xa que a situación na que se atopan é bastante desoladora, polo que o traballo do centro é primordial para a súa recuperación. A problemática das drogodependencias é algo que hai que estudar e dentro das variables que inflúen e modulan a rehabilitación como prevención das recaídas, está a intelixencia emocional.

No estudo que se fixo, participaron doce sexeitos que están en proceso de rehabilitación en Proxecto Home, todos varóns. Os resultados mais importantes e destacados mostran que os tres factores da intelixencia emocional correlacionan entre eles de maneira significativa e positiva, e dous factores da intelixencia emocional só correlacionan de maneira positiva e significativa con dúas categorías de oito das situacións de risco para a prevención de recaídas.

PALABRAS CHAVE

Intelixencia emocional, persoas drogodependientes, prevención de recaídas, adicións e emocións.


Volver