Secretaría Uvigo - A imaxe da sexualidade a través da pornografía: Unha aproximación a través da educación social.

A imaxe da sexualidade a través da pornografía: Unha aproximación a través da educación social.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Educación Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: María Lameiras Fernández
Tribunal Titoría: María Lameiras Fernández
ResumoA pornografía convencional está condicionando a forma na que se conceptualiza a sexualidade. Este imaxinario pornográfico promove e perpetúa uns roles de xénero que instrumentalizan os corpos das mulleres. Indagar sobre a extensión, consumo e aceptación de contidos pornográficos, así como a súa interiorización na conceptualización da sexualidade por parte das e dos mozos é o obxectivo principal deste traballo. Para dar resposta ao obxectivo aplícase una metodoloxía cualitativa a través de entrevistas semiestruturadas. Os resultados do análise de contido das 10 entrevistas levadas a cabo mostran a cosificación dos corpos das mulleres e como estes son ?usados? para a gratificación sexual dos homes. Amosa tamén a perpetuación da masculinidade hexemónica e a erotización da violencia sexual hacia as mulleres. Destes resultados derívase a necesidade dunha educación sexual impartida por profesionais formados, dentro dos que se integrarían os e as educadores sociais, tanto no eido da educación formal coma non formal.
Volver