Secretaría Uvigo - Análise dos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Vigo: do real ao ideal.

Análise dos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Vigo: do real ao ideal.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Traballo Social (Curso Ponte)
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Francisco Javier Aguiar Fernández
Tribunal Titoría: Francisco Javier Aguiar Fernández
ResumoResumo:
A situación dos servizos sociais viuse empeorada desde a crise do 2008, sobre todo polas mediadas e recortes aplicados de face á sustentabilidade financeira. Aínda sen terminar de recuperarse desa crise, tivéronse que enfrontar á nova situación xerada polo COVID-19. Ademais de que os servizos sociais comunitarios básicos, prestados polas administracións locais, non sempre cumpren os requisitos esixidos na normativa de referencia.
Con este traballo preténdese realizar unha análise dos servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Vigo. Para iso realizouse un estudo utilizando dúas técnicas diferentes. Por unha banda procedeuse á análise da documentación de fontes secundarias do Concello de Vigo, tales como a última memoria do departamento de Política Social (2019), xestión de expedientes municipais e o XIESS (Sistema de Información de Expediente de Servizos Sociais). Doutra banda, realizouse un estudo exploratorio de tipo cualitativo, para o que se realizou un cuestionario de preguntas de carácter aberto, que se administrou a oito Traballadoras Sociais dos servizos sociais comunitarios básicos.
Devandito estudo puxo de manifesto que, os servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Vigo, son uns servizos cunha elevada carga de traballo, non sempre ben distribuída entre as diferentes UTSs e cunha clara falta de persoal, que provoca que non se de unha resposta adecuada ás situacións-problema que se expoñen.
Os resultados suxiren que, os servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Vigo actualmente atópanse colapsados e o seu persoal superado polo aumento actual da demanda.
Palabras clave: Servizos Sociais, Servizos Sociais Comunitarios Básicos, Programas Básicos, Avaliación, Cumprimento normativo.
Volver