Secretaría Uvigo - Deseño e simulación mediante análise de elementos finitos da fabricación de paredes 3D co proceso WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing)

Deseño e simulación mediante análise de elementos finitos da fabricación de paredes 3D co proceso WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing)

Data de defensa24/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: José Benito Bouza Rodríguez
Secretaría: Jorge Cerqueiro Pequeño
Resumo Neste proxecto abórdase o deseño e simulación da fabricación de paredes 3D nun sustrato dado, mediante a técnica de soldadura WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing) para impresión 3D. A técnica de fabricación WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing) combina os proceso de soldadura GMAW (Gas Metal Arc Welding) ou CMT (Cold Metal Transfer) con unha mesa de posicionamento CNC, coa que se consigue, mediante control numérico e unha máquina de soldadura, fabricar pezas de complexa xeometría por adición de fío de soldadura en capas.
Utilízase para realizar dito estudo, o software ABAQUS CAE, un programa de análise por elementos finitos que permite o uso de subrutinas de programación desarrolladas mediante código Python, que permiten crear e deseñar simulacións máis complexas.
Tómanse en conta as situacións máis habituais á hora de fabricar pezas co proceso WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing), como estratexía de fabricación, material do sustrato, material de aporte, tempos de arrefriamento, velocidade de avance, tipo de soldadura, etc. E a partir de aí, fanse distintas simulación para averiguar cales son as condicións óptimas para traballar con esta técnica.
Volver