Secretaría Uvigo - Análise, deseño e posta en marcha dunha plataforma de proba VRU autónoma para probas tipo EuroNCAP.

Análise, deseño e posta en marcha dunha plataforma de proba VRU autónoma para probas tipo EuroNCAP.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte
Cotitoría: Alberto Sáez Tort
Tribunal Secretaría: Paulino Alegre Fidalgo
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoA idea deste proxecto xorde da necesidade de validar o funcionamento das novas características de seguridade dos vehículos, concretamente na área de ADAS (Advanced Driver Assistant Systems), por parte da empresa CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia). No mercado non hai unha gran variedade de sistemas cos que validar estes avances na seguridade funcional dos vehículos e, debido ao alto custo que supón adquirir unha destas plataformas de proba, decídese o estudo da realización dunha propia.
Actualmente unha das maiores preocupacións na industria do automóbil é a seguridade, tanto dende o punto de vista do condutor como dos grupos de risco nas estradas, VRU (Vulnerable Road User), ver peóns, ciclistas, motoristas, etc., é por iso que se investiga na mellora dos sistemas ADAS para conseguir os vehículos máis seguros posibles.
Estas plataformas úsanse coa posibilidade de levar un "target", que pode emular a un vehículo, un peón, un ciclista, en suma, calquera ?target? que sexa necesario para poder probar o bo funcionamento dos sistemas montados no vehículo.
Para validar o funcionamento destes sistemas de seguridade xorde a necesidade de ferramentas, dentro das cales, a plataforma considerou o alcance final deste proxecto.
Volver