Secretaría Uvigo - Planificación e Implantación dun Sistema de Transporte AGV nunha Planta de Fabricación de Compoñentes para o Sector do Automóbil.

Planificación e Implantación dun Sistema de Transporte AGV nunha Planta de Fabricación de Compoñentes para o Sector do Automóbil.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Luis González Cespón
Tribunal Secretaría: Paulino Alegre Fidalgo
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoNo proxecto lévase a cabo o estudo, planificación e implantación dun novo sistema de abastecemento nunha planta industrial do sector do automóbil. O novo sistema de abastecemento é automatizado e local, non abarcando a totalidade da planta, restrinxíndose a operar entre 2 zonas de almacenamiento de stock nunha nave, e 3 zonas de intercambio na planta de produción.

O abastecemento a realizar será tanto de pezas terminadas FG (Finished Goods) como de pezas intermedias pertencentes á lista de procesos BOP (Bill Of Process), ás que nos referimos como BOPs ao longo do proxecto.

O éxito da implantación verase reflectido a curto (mediante a creación dun fluxo continuo de abastecemento e a eliminación de tarefas prescindibles na cadea de valor do produto final), medio (mediante unha análise económica de retorno do investimento inicial ou Payback) e longo prazo (servindo como banco de probas, para unha posterior automatización de forma progresiva na totalidade da planta).
Volver