Secretaría Uvigo - Estudo das propiedades mecánico térmicas tras impresión 3D de materiais basados en PP

Estudo das propiedades mecánico térmicas tras impresión 3D de materiais basados en PP

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Collazo Fernández
Tribunal Presidencia: Fernando Cerdeira Pérez
Vogalía: Jacobo Porteiro Fresco
Secretaría: José Manuel Santos Navarro
ResumoAo longo dos séculos XX e XXI, os termoplásticosamosaron o seu gran potencial fronte os materiais clásicos como o aceiro, madeira ou os tecidos. A súa lixeireza, elasticidade, dureza e resistencia os axentes químicos convérterono nun dos materiais máis fabricados e demandados da historia.

Esta revolución industrial da man dos materiais poliméricos tamén foi axudada polas novas técnicas de fabricación aditiva en capas, chamada coloquialmente "Impresión 3D". Esta tecnoloxía promoveu o uso de termoplásticos, que cunha baixa temperatura de transición vítrea, pode crear modelos tanto a nivel industrial como doméstica, abrindo as portas da fabricación a un público nunca imaxinado.

Esta evolución tecnolóxica produciu unha mellora das propiedades dos termoplásticos como materia prima e a busca da súa redución de prezo. Pola súa alta produción, derivada das súas boas propiedades, o polipropileno é un dos termoplásticos máis desexados para ser implementado na impresión 3D. Por este motivo, este proxecto levará a cabo un estudo das propiedades mecánico térmicas deste tipo de materiais unha vez impresos, contribuíndo así a promover unha estandarización do sistema de fabricación, unha mellora nos procesos de produción e unha mellora nas propiedades do produto final.

Para isto, leváronse a cabo probas de tracción, dureza Shore, Charpy e análise térmica DSC, comparando así as propiedades post-extrusión finais coas proporcionadas inicialmente polo fabricante.
Volver