Secretaría Uvigo - Preparación e caracterización de recubrimentos de fosfato de Zn: influencia da composición e da temperatura do baño de fosfato

Preparación e caracterización de recubrimentos de fosfato de Zn: influencia da composición e da temperatura do baño de fosfato

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Belén Díaz Fernández
Cotitoría: Sheila Silva Fernández
Tribunal Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Secretaría: Claudio Cameselle Fernández
Vogalía: Ana María Rodríguez Rodríguez
ResumoO fosfatado é un proceso de conversión onde a superficie metálica está cuberta por unha película compacta e adherente despois da inmersión nun baño que contén ácido fosfórico, entre outras especies. As aplicacións deste tipo de revestimentos son múltiples, sendo o aumento da resistencia á corrosión e a mellora das operacións de conformación as mais comúns. As películas de fosfato de Zn están constituídas esencialmente por hopeita (fosfato Zn) e fosfofilita (fosfato Zn e Fe), aínda que a composición do baño e as condicións do proceso determinan a proporción de cada un. Neste traballo considérase a posibilidade de reducir a temperatura do proceso, que normalmente oscila entre os 60 e os 75 ºC, ata os 50 º C. A composición do baño, xa establecida en estudos anteriores, foi variada, aumentando a concentración dun dos aditivos, os nitritos, para compensar a redución da temperatura. Ademais, utilizouse outro acelerador alternativo, SDS, un tensioactivo común, que permite aumentar a velocidade de nucleación e o crecemento de cristais de fosfato.
Volver