Secretaría Uvigo - Aproveitamento de residuos do municipio de Boiro para a producción de biogás e a sua aplicación no mesmo concello.

Aproveitamento de residuos do municipio de Boiro para a producción de biogás e a sua aplicación no mesmo concello.

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Química Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Asunción Longo González
Cotitoría: María Salomé Álvarez Álvarez
Tribunal Presidencia: Gloria Fiestras Janeiro
Secretaría: Claudio Cameselle Fernández
Vogalía: Ana María Rodríguez Rodríguez
ResumoNeste traballo de fin de grao procederase ao deseño dunha planta de biogás a partir dos residuos do concello de Boiro, máis específicamente, da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos, de lodos de EDAR, de lodos de depuradora e de esterco de coello.
O documento da memoria describirá primeramente o obxectivo e a xustificación do proxecto, cun apartado específico dedicado á análise da problemática de residuos e unha descrición teórica do proceso de dixestión anaerobia e os seus diferentes sistemas de funcionamento, así como a caracterización e cuantificación dos residuos. Realizarase o deseño do reactor e determinaranse as condicións de operación do proceso, así como o tipo de limpeza e/ou purificación que necesita o biogás producido para poder ser utilizado. Realizarase tamén un estudo de redución de emisións. Finalmente, recollerase toda a bibliografía utilizada para a realización do proxecto. A memoria tamén contará con anexos nos que se recollerán os cálculos e procedementos non mostrados no texto principal. Realizarase tamén un plano no que se recolla o diagrama do fluxo do proceso.
Volver