Secretaría Uvigo - Implantación dun sistema ERP nunha PYME do sector do automóbil

Implantación dun sistema ERP nunha PYME do sector do automóbil

Data de defensa27/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Juan Sáez López
Tribunal Presidencia: Manuel Doiro Sancho
Vogalía: Iván González Boubeta
Secretaría: Antonio García Lorenzo
ResumoEste Traballo Fin de Grao desenvolveuse en Global Productivity Solutions SL (GPS-Industrial), pertencente ao sector da automoción, como resultado da colaboración con dita empresa.
Neste proxecto participaron todos os departamentos GPS-Industrial, xa que todos se beneficiaron do seu desenvolvemento.
Este Traballo Fin de Grao partiu dunha auditoría de autoavaliación na que xorde a necesidade de adquirir un programa ERP que proporcione á empresa unha informatización global de toda a organización.
Polo tanto, conclúese a necesidade de adquirir una ferramenta ERP escalable, que poda evolucionar co crecemento da empresa e permita una xestión en tempo real da compañía.
Esta ferramenta debe contar cos módulos necesarios para satisfacer as necesidades de GPS-Industrial e a posibilidade de introducir no futuro aquelas que sexan útiles para a empresa, sen afectar de ningún xeito o que se implementou anteriormente.
Como resultado, seguiuse un plan de acción específico no que se implementaron accións para cumprir os requisitos establecidos pola empresa. Levarase a cabo unha análise das diferentes propostas e a súa consecuente elección, así como unha explicación do xeito de funcionar do propio ERP.
Ademais disto, o autor deste Traballo Fin de Grao tamén se encargará da configuración inicial e da alimentación do ERP, para que poida detectar os problemas diarios da empresa a través das funcionalidades do sistema.
Volver