Secretaría Uvigo - Estudo e optimización da producción e da xestión dun almacén de produto intermedio na industria da embalaxe.

Estudo e optimización da producción e da xestión dun almacén de produto intermedio na industria da embalaxe.

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Alonso Rodríguez
Cotitoría: José Luis González Cespón
Tribunal Vogalía: María Asunción Longo González
Secretaría: Francisco Javier Fernández López
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
ResumoO presente traballo baséase na necesidade de incrementar a produtividade e facer un uso máis eficiente das instalacións. Esta necesidade xorde dun incremento na demanda produtiva o cal xerou un volume de produto intermedio que supera a capacidade do almacén, o cal á súa vez prexudica ao proceso produtivo, tanto en termos de seguridade, como de calidade e produtividade.
O documento enfocarase en catro fases. Nunha primeira fase, explicarase o proceso produtivo desde o seu comezo ata a expedición do produto final. Nunha segunda fase procederase a analizar a situación actual. Neste punto recompilaranse datos de como se distribúe a produción do produto intermedio atendendo ás súas características físicas e ao roteiro de fabricación. Nunha terceira fase, unha vez foron recompilados os datos correspondentes realizarase un diagnóstico sobre a produtividade, para isto empregaranse indicadores de produtividade como o OEE ( Overall Equipment Effectiveness) e a TRS (taxa de retorno sintética) que permitirán determinar as diferentes causas que prexudican a produtividade e o impacto de cada unha delas. Nunha última fase, mediante o uso de ferramentas do Lean Manufacturing avaliaranse os aspectos a mellorar e propoñeranse alternativas para aumentar a produtividade e así reducir o volume de produto intermedio no almacén.
Volver