Secretaría Uvigo - Deselvolvemento dunha aplicación de lectura CAN para interconexión de diferentes equipos de ensaio.

Deselvolvemento dunha aplicación de lectura CAN para interconexión de diferentes equipos de ensaio.

Data de defensa26/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ignacio Armesto Quiroga
Tribunal Secretaría: Angel Manuel Espada Seoane
Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Vogalía: José Luis González Cespón
ResumoO obxectivo deste traballo é o estudo do protocolo CAN para conseguir comunicarse, mediante un convertedor PEAK CAN USB, co controlador ?Axiomatic? dunha válvula EGR e obter información sobre o estado da mesma e dos seus compoñentes. Ademais elaborarase unha aplicación en LabVIEW que será quen de ler e incluso escribir diferentes mensaxes.
Unha válvula EGR (Exhaust Gas Recirculation) emprégase para recircular parte dos gases que saen da combustión do motor cara a admisión do mesmo e reducir así a emisión á atmosfera de óxidos de nitróxeno en vehículos diésel e o consumo en vehículos de gasolina.
As válvulas que empregaremos son de tipo "poppet?" nas cales un cilindro cun punzón no seu extremo encárgase de permitir ou non o paso dos gases ao sistema EGR. Esta válvula ten acoplado ao seu eixo un motor de corrente continua (con escobillas). Para saber en que posición está o motor utilízase un sensor efecto hall que mide o campo magnético perpendicular a el e tradúceo nunha voltaxe de saída.
Volver