Secretaría Uvigo - Estudo e simulación dunha aplicación práctica de AGVs.

Estudo e simulación dunha aplicación práctica de AGVs.

Data de defensa26/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Vogalía: José Luis González Cespón
Secretaría: Angel Manuel Espada Seoane
ResumoEste traballo xorde como consecuencia dun estudo realizado nunha empresa do sector loxístico e da crecente necesidade de automatización de procesos industriais. Desenvólvese o estudo do uso de vehículos guiados automáticos sen tripulación física (AGV) que se desprazan no entorno dunha fábrica industrial.
O obxectivo principal deste TFG é coñecer o funcionamento da tecnoloxía de guiado automático e así poder escoller o que mellor se adapte a un caso industrial real exposto.
Comezáse analizando as diferentes tecnoloxías de AGV, preséntanse os diferentes tipos de vehículos autónomos e os seus usos dependendo da súa fisionomía. Tamén a súa capacidade para situarse en tempo real, para moverse de forma autónoma e a posibilidade de modificar a súa traxectoria de forma independente. Estúdanse os tipos de orientación e elíxese o sistema LIDAR (Laser Imaging Detection and Ranging), que se empregará máis adiante no caso práctico.
A continuación, explícase o funcionamento do sistema LIDAR detallando as súas características de hardware. Defínese a programación de navegación de vehículos autónomos e como funcionan as rutas que xeran. As posibilidades de aplicación de cada tecnoloxía explícanse coa axuda de ferramentas de simulación dentro dun contorno empresarial, proporcionando solucións a dous casos prácticos. Ao mesmo tempo, explícanse programas de simulación, o seu potencial e as posibilidades de uso en casos reais na loxística industrial.
Finalmente, o proxecto real de aplicación realízase no primeiro caso práctico, para o que se elixe o vehículo que se vai utilizar, as súas características e se explica a súa elección. Ademais, se deseña un carro que usaráse para ser transportado polo vehículo autónomo, e poder levar os materiais que precísanse para o seu traballo. Realízase unha análise de riscos co fin de deseñar a máquina e o seu sistema sensorial, xunto coa programación do PLC que permitirá o intercambio do carro deseñado anteriormente na zona de traballa na industria.
Volver