Secretaría Uvigo - Control por campo orientado dun motor de indución.

Control por campo orientado dun motor de indución.

Data de defensa26/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús Doval Gandoy
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Vogalía: José Ignacio Armesto Quiroga
Secretaría: Jorge Marcos Acevedo
ResumoEste traballo mostrará o camiño seguido para realizar o estudo, análise teórica, modelado e simulación do control por campo orientado dun motor de indución. O sistema sobre o que se realizará o estudo pódese describir como un motor de indución de gaiola de esquío, funcionando tanto en réxime permanente como transitorio, e conectado a saída dun inversor trifásico que obtén a corrente dunha fonte de tensión continua. Para levar a cabo este proxecto, o primeiro paso a realizar será o estudo e modelado de convertedores electrónicos de potencia en fonte de tensión tanto do modelo promediado como do modelo conmutado. Despois realizarase o estudo e modelado dinámico dun motor eléctrico de indución e, por último, desenvolverase o modelado do control de velocidade variable empregando o control por campo orientado.
Cada paso levará consigo o estudo teórico, modelado e simulación en Simulink/Matlab, cuxos resultados serán comparados cos obtidos nos cálculos teóricos co fin de demostrar que o modelado dos sistemas mencionados é o correcto.
Volver