Secretaría Uvigo - Instalación eléctrica de baixa tensión dun taller de reparacións de vehículos.

Instalación eléctrica de baixa tensión dun taller de reparacións de vehículos.

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Blanca Nieves Miranda Blanco
Tribunal Secretaría: María Elena Albo López
Vogalía: José Antonio Alonso Rodríguez
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
ResumoO presente proxecto ten como finalidade realizar a correcta instalación eléctrica dunha nave industrial, situada no polígono do Tambre de Santiago de Compostela, destinada a reparación de vehículos.
Esta nave que ten unhas dimensións de vinte e dous metros de ancho e setenta e un metros de longo,consta dunha zona de oficinas na que se encontra unha recepción e unha zona de vestiarios na primeira pranta e unha sala de administración e outra de xerencia na segunda pranta. Ademais, ten unha amplia zona de traballo onde se encontran distintas máquinas dunha potencia elevada; así como unha zona de pintura composta por unha cabina, un box, e unha zona de preparación. Por último, ten duas zonas exteriores a nave, unha dianteira que serve como aparcamento para os coches e unha traseira na que se encontra o compresor necesario para a cabina de pintura.
O proxecto vaise dividir en cinco documentos: Memoria, cálculos xustificativos, planos, pliego de condicións e presuposto. Na memoria vanse recoller as medidas necesarias para levar a cabo a instalación.
A instalación eléctrica estará constituida por un cadro xeral de protección alimentado mediante un transformador por vía subterránea. O cadro xeral divídese en distintas liñas que conectan este cos cadros secundarios, máquinas, enchufes e alumbrado.
En canto a iluminación, levarase a cabo tendo en conta a necesidade visual das distintas zonas do traballo da nave e utilizando unha distribución das luminarias que permita unha iluminación uniforme co mínimo número de compoñentes.
Todalas xustificacións de cálculos de iluminación e cálculos eléctricos poderanse comprobar no documento de planos e no pliego de condicións recollerase as exixencias facultativas, técnicas, económicas e legais para desenvolver o proxecto.
Finalmente, no documento de presuposto vanse detallar as distintas medicións e prezos de equipos e aparamenta utilizada na instalación.
Volver