Secretaría Uvigo - Síntese e propiedades ópticas de nanopartículas de CsPbBr3

Síntese e propiedades ópticas de nanopartículas de CsPbBr3

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Química
CentroFacultade de Química
Dirección Cotitoría: Jorge Pérez Juste
Titoría: Lakshminarayana Polavarapu
Tribunal Presidencia: Yagamare Fall Diop
Vogalía: Laura Estévez Guiance
Secretaría: María Salomé Álvarez Álvarez
ResumoAs nanopartículas de perovskita recibiron moita atención nestas última década polas súas excelentes propiedades optoelectrónicas. Trátase de semicondutores cuxa aplicación en células fotovoltaicas permite construílas máis barata e fácilmente en comparación coas células fotovoltaicas convencionais. Ademáis, poden reaccionar a diferentes lonxitudes de onda de luz, o que lles permite converter unha cantidade maior de luz solar que lles chega en electricidade.
Este traballo céntrase na obtención de nanopartículas CsPbBr3 mediante síntese coloidal. Empregando técnicas ópticas como as espectroscopías UV-Vis e de fluorescencia e electrónicas, como a microscopía electrónica de transmisión, caracterizáronse as nanopartículas (NPs) dende un punto de vista óptico e morfolóxico.
A importancia deste traballo reside en optimizar a síntese destas nanopartículas do xeito máis sinxelo posible. Polo tanto, non se traballou nunha atmosfera inerte (neste tipo de síntese e usual que se faga), non se secou ningún reactivo nin disolvente e a reacción levouse a cabo en frascos de vidro de 25 mL. Para optimizar o procedemento sintético estudáronse varias variables como o control preciso da temperatura de reacción, a relación entre os distintos precursores empregados e a estabilidade dos precursores no tempo.

Palabras clave: nanopartículas, perovskitas, células fotovoltaicas, fluorescencia, síntese coloidal.
Volver